ESTRELIÑA DO LUSEIRO
Estreliña do luseiro
e mai-la da claridade
ti ben o debes sabere
cantas horas ten a noite
denantes do amencere.
Se queres que brile a lúa
pecha os ollos meu amor
que mentras os tes abertos
a lúa pensa que hai sol.
Nin pola prata da lúa
nin polo ouro do sol
non te deixo miña vida
non te deixo meu amor.
Canto tradicional galego
Viva a Galiza, tão próxima de Portugal !